domingo, 20 de diciembre de 2009

Uxío

Cando eu era nena, paseando polo meu Lugo natal, vía a cotío unha parella singular. El era enorme, cun porte corpulento e elegante no andar, barbado e con sombreiro; pero o que máis chamaba a miña atención eran as botas: altas, fortes, como de montar, de seguro non había monte nin neve que se lles resistise. Eu, a primeira vez, lembro que fiquei parada no medio da rúa e pensei: ese debe ser un home importante. Ao seu carón ía unha muller miúda, loira, moi guapa, non era “despampanante” como se dicía entón pero tiña un algo que engaiolaba.

Cos anos, aquelas figuras fixéronse familiares, entrañables, totalmente habituais...

Coñecín a súa poesía e...mira ti! Foi o meu poeta, é o meu poeta, ese que chega fondo, aquel do que se toman as palabras para sentir o que sentes e non es capaz de expresar.



uxío do courel

No hay comentarios:

Publicar un comentario